para xesteira de dopico

2
PARA A XESTEIRACON CARIÑO Pepe Dopico Pedíronme si podía cooperar con esta revista escolar, e así o fago con gusto. Esta sinxela participación está referida ao Val de Xestoso, precisamente neste tempo en que as xestas locen todo o seu encanto: visten de gala para toda a xente do Val e para os que a el se achegaren. Como participante da UNED ás veces teño conversas moi interesantes con persoas maiores, que recordan a outras que xa foron maiores cando eles eran rapaces. Estas boas persoas son e foron recoñecidas por todo o vecindario. Sarucho (quen a pesar do infortunio afronta a vida con entereza) contoume sobre un familiar, que para min foi todo un renacentistano Val Xestoso, como Leonardo da Vinci, xa que foi o autor de cantidade de inventos: aproveitando a auga dos regatos e dos muíños construíu unha dinamo para obter electricidade e luz na casa, e aínda que a auga escaseara, o muíño funcionaba cunha polea. Foi tamén o primeiro que tivo tractor, un Fiatque aínda se conserva con outras moitas ferramentas e inventos no museo das Restrebas. Un día foi con tractor a buscar tres barricas de viño a Areas, e como o camiño era daquel xeitocaeron as tres barricas escachándose. Puxo a auga na casa din que a muller a pouco máis se vai da casa por medo-. Dotou á vivenda con cociña de ferro en vez da lareira, e ao seu carón situou un gran depósito no que cocían nabos e patacas para os animais. Dende aquela acabouse o frío na vivenda. Foi o primeiro no Val en todo o dito, e tamén tivo o primeiro automóbil. Relacionouse con Álvaro CunqueiroEste inventor foi Antonio González das Restrebas. E de aí mesmo foi a Señora Cecilia, quen se fixo cos servizos dun mestre na súa propia casa para dar formación aos seus familiares, toda unha auténtica humanista, e foi así que xurdiron as escolas públicas en todo o Val de Xestoso: Xian, Boicornello, o Canedo e o Balado. Cando cumpriu os cen anos felicitámola un grupo de escolares e mestres cun ramo de flores para a súa casa.

Upload: satelite1

Post on 23-Jan-2017

375 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Para xesteira de dopico

PARA A “XESTEIRA” CON CARIÑO

Pepe Dopico

Pedíronme si podía cooperar con esta revista escolar, e así o fago con gusto. Esta

sinxela participación está referida ao Val de Xestoso, precisamente neste tempo en que as xestas

locen todo o seu encanto: visten de gala para toda a xente do Val e para os que a el se

achegaren. Como participante da UNED ás veces teño conversas moi interesantes con persoas

maiores, que recordan a outras que xa foron maiores cando eles eran rapaces. Estas boas persoas

son e foron recoñecidas por todo o vecindario.

Sarucho (quen a pesar do infortunio afronta a vida con entereza) contoume sobre un

familiar, que para min foi todo un “renacentista” no Val Xestoso, como Leonardo da Vinci, xa

que foi o autor de cantidade de inventos: aproveitando a auga dos regatos e dos muíños

construíu unha dinamo para obter electricidade e luz na casa, e aínda que a auga escaseara, o

muíño funcionaba cunha polea. Foi tamén o primeiro que tivo tractor, un “Fiat” que aínda se

conserva con outras moitas ferramentas e inventos no museo das Restrebas. Un día foi con

tractor a buscar tres barricas de viño a Areas, e como o camiño era daquel xeito… caeron as tres

barricas escachándose. Puxo a auga na casa –din que a muller a pouco máis se vai da casa por

medo-. Dotou á vivenda con cociña de ferro en vez da lareira, e ao seu carón situou un gran

depósito no que cocían nabos e patacas para os animais. Dende aquela acabouse o frío na

vivenda. Foi o primeiro no Val en todo o dito, e tamén tivo o primeiro automóbil. Relacionouse

con Álvaro Cunqueiro… Este inventor foi Antonio González das Restrebas. E de aí mesmo foi a

Señora Cecilia, quen se fixo cos servizos dun mestre na súa propia casa para dar formación aos

seus familiares, toda unha auténtica “humanista”, e foi así que xurdiron as escolas públicas en

todo o Val de Xestoso: Xian, Boicornello, o Canedo e o Balado. Cando cumpriu os cen anos

felicitámola un grupo de escolares e mestres cun ramo de flores para a súa casa.

Page 2: Para xesteira de dopico

Clementina, quen leva ben a vida con humor –e xoga moi ben ao tute- dime que aqueles

tempos foron moi difíciles. Anuncia tamén pasou os seus traballiños: cando era o tempo de

andar sachando facía primeiro o da súa casa e logo un par de semanas máis para os de fora…

Ten ido polo Raño cargada con feixes de grelos a pé cara a Betanzos. Domingo Pena da

Abeleira –que era o home máis vello do Val- ía á escola a casa do Ferreiro. Era no sobrado, e o

mestre “era máis malo que bo…” Foron nove irmáns, entre eles Xerardo e Filomena, que foron

os primeiros que se bautizaron na igrexa do Canedo. Para el vai esta letriña:

Domingo, domingo, moitas veces ías a Betanzos

Co teu carro cargado con cortezas de carballo.

Voltabas ao outro día, e non era unha romaría…

E ata aquí chegando con esta pregaria:

Cruceiro da Serra Loba, que soliño estás…!

Entre o Val Xestoso e Cambás.

Avoga por toda esa boa xente,

Con saudade, traballo, amor e paz.

Para todos os vencellados a “Xesteira” con agarimo. Pepe Dopico