maside – un pintor para una tierra

of 7 /7

Click here to load reader

Author: colexio-oficial-de-arquitectos-galicia

Post on 22-Jul-2016

228 views

Category:

Documents


2 download

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

  • INDICE

    Px.

    Lirniar , Pedro de Llano 7 Biografa , Carlos Carcla Mar/{nez 15 Carlos Maside na mia lembranza , Ram6n Pieiro 33 Maside e aquel a rnocedade, Salvador Carcla-Bodao 49 A pintura de Carlos Maside , Luis Seoane 65 Carlos Maside, o pintor, Maria Luisa Sobrino Manzanares 103 Notas encol dunha pez a de cermica creada por Maside, Isaac Dlaz Pardo 157 Maside dibuxante , Xohn Ledo 163 Vinte hornes do seu ternpo vistos por Carlos Maside 189 En torno a la fotografa popular , Carlos Maside 207

  • o da 10 de xuo de 1958, coa morte en Com-postela de Carlos Maside, pechbase para Galicia un dos mis grandes procesos da creacin artstica deste sculo.

    Desde aquela, s un pequeno grupo de amigos e compaeiros do pintor, os mesmos q:Je desde o 18 de xullo de 1936 pugnaron por manter viva a lumieira da nasa cultura, trataron de conservar o recordo do que para Galicia supuxo a obra de Carlos Maside, esforzo que culminu no ano 1970 coa creacin por Luis Seoane e Isaac Daz Pardo do museo que hoxe leva o seu nome. A pesar diso, e dada a total falta de apoio at hoxe amasada pola administracin central para todo aquilo rela-cionado coa nasa cultura, a figura de Maside foise difuminando ao langa dos vinte anos transcurridos desde a sa morte, senda hoxe descotiecida para a maiora das nasas xentes.

    Este o motivo de que nun momento como o presente, no que os galegos tentamos por recupe-rar o naso patrimonio cultural colectivo, como ba-se de afianzamento dos nasos sinais de identidade

    LIMIAR

    como pobo, o Colexio de Arquitectos de Galicia intente rescatar, no seu vinte cabodano, o recordo de Carlos Maside, mximo exponente do profundo remozamento da pintura galega verificado na d-cada dos trinta, xunto con Maruxa Mallo, 50uto, Colmeiro, Castelao .. . , membros todos dunha xera-cin que levu a vida cultural da nosa nacin s sas mis altas cotas a travs dunha actividade intelectual chea de vida e creatividade; unha xera-cin de xentes que, sen pretender convertirse nun movimento cultural uniforme, racharon ca acade-micismo imperante e, recollendo as experiencias dunha actividade exterior at daquela ignorada, rrumpiron vigorosamente en medio dos anceios de renovacin que axitaban ao seu pobo, imprimindo sa obra un carcter marcadamente autctono.

    A situacin creada co fin da guerra civil levan-tu un muro de silencio sob re o traballo daqueles homes; uns, como Anxel Casal ou Camilo Daz, morreron vtimas dun odio irracional e fratricida; out ros vronse forzados a seguir o cammo do exi-lio. colaborando de xeito incuestionbel no engran-

    "

  • decimento cultural daqueles pases que l1es brinda-ron a sa axuda, e outros, como Carlos Maside, quedaron reducidos ao illamento dun exilio inte-rior que fixo posbe que a vida dun dos mis grandes pintores galegos deste sculo se extinguise ante a indiferencia da cultura oficial. e que, ain -da hoxe , pe rmaneza reducida ao recordo dunha minora. Este feto non impedir, non obstante, que, nun futuro prximo, Maside apareza na nasa historia como un dos homes que mis supuxo para o desenrolo da cultura galega no campo das artes plsticas, e a iso pretendemos contribuir hoxe coa nasa publicacin.

    Cando comezamos os trabal10s previos para a edicin deste libro, xa vai para dous anos, algns dos encargados de facer a seleccin da obra de Maside, que configurara a antoloxa que recolle esta publicacin, acercaba monos a fondo por vez primeira obra do pintor. S entn pu idemos chegar a comprender a enorme importancia da sa aportacin nosa cultura; centos e miles son os dibuxos, bocetos, acuarelas, pasteis, grabados ... , deixados polo pintor na hora da sa morte e anda hoxe conservados gracias a que os seus albaceas, Dieste, Seoane, Xohn Ledo ... , non se sentiron capaces de cumprir o mandato do pintor de que, unha vez feita a seleccin da sa obra, queimasen todo o restante. Qun se ia decidir a queimar un s daqueles apuntes por moito que esa fose a sa vontade? S a travs do coecimento desa vasta ob ra, da que a consulta foi posbel gracias s facilidades dadas tanto palas institucins posuido-ras da obra do pintor, fu ndamentalmente os mu-seos de Castrelos e o Castro, en poder das que se atopa grande pane da sa produccin artstica, puidemos adentrarnos no maravilloso mundo do pintor cesureo.

    Carlos Maside, profundo coecedor das distin-tas tendencias artsticas vivas na Europa dos anos vinte, recollu delas os que na sa madurez sen an elementos bsicos da sa pintu ra: o vigor e a pure-

    12

    za de cor dos auves, o rigor na estruturacin sistemtica das sas obras do cubismo e a capaci-dade distorsionadora dos modernistas, da que o pintor deixa constancia a travs de moitos dos apuntes da sa etapa parisina e anda hoxe conser-vados; neles mstranos a enorme influencia que a obra do Lautrec dibuxante tivo nel naquel momen-to, senda esta influencia quen o introducina nun expresionismo do que Maside chegara a ser unha das mis grandes figuras .

    A sa obra, caracterizada pala inquietude inte-lectual do pintor, as como pala sa actitude auto-critica , esixente e austera, non se limita a un cam-po determinado das artes plsticas; Maside ensaia constantemente en todos eles.

    Como ilustrador, convrtese no mis alto expo-nente do expresionismo espaol, superando a tra-vs dunha perspectiva de clase a crtica costumista imperante na ilustracin espaola daquel tempo, como ben proban as sas colaboracins na revista Nueva Espaa.

    Como dibuxante recol1e, da a da, a vida das nasas ras, campos, feiTas, portas ... , constituindo os seus apuntes, xunto cos centos de retratos e caricaturas por el publicados en El Pueblo Galle-go, o mis impresionante e completo documento artstico sobre a Galicia do segundo tercio deste sculo.

    Maside graba, desea, introduce en Galicia a estampa tinta e acuarela, influido polos graba-dores xaponeses; escrebe ensaios de tanta impor-tancia como o traba llo sobar da fotografa popu-lar. E, por ltimo, despois da guerra civil, debido ao il1amento ao que se ve sometido, todos os seus esforzos vanse ver reflexados nunha obra pictrica na que nunca deixar de aparecer a enorme in-fluencia do Maside dibuxante; unha obra realizada cun rigor admirbel e na que impresiona o profun-do proceso de elaboracin seguido, froi to da con-cepcin cientfica da arte nerente producin ar-tstica de Maside.

  • o COMEZO DA SUA OBRA PlCTORICA (1928-1930)

    En 1926. a Diputacin de Pontevedra concede a Carlos Maside unha cativa beca que, como a outros mohos artistas galegas. Be permitir como pletar a sa form acin artstica. Con ela estudar dibuxo. primeiro en Madrid e mis tarde en Pars.

    Da sa estancia na capital francesa sabemos que acuda a unha academia libre de dibuxo e que a sa predisposicin natural para captar euos can tos trazos os rasgos do modelo despertaba a ad-miracin entre os seus compaeiros. pero poueo sabemos das obras ou dos movimentos que a me-receron a atencin do naso pintor.

    En 1927. ano en que Maside se encontra en Pars, xa se produciran as grandes correntes pict' ricas do naso sculo. A bandeira da vanguarda parisina era enarbolada polo surrealismo; Diaghilev estrenaba neste mesmo ano o ballet .. Romeo e Xulieta_, con decorados de Pevsner e Gabo, pero nen surreaiistas nen construtivistas influiran ou teran repercusin nos postulados estticos da sa obra.

    Contemplando o conxunto da producin masi-diana hai que se inclinar por pensar que a aten-cin do pintor galego probbelmente se dirxise pola obra dos posimpresionistas: Cezanne, Van Gogh e Gauguin. Esta inclinacin, anda sen se traducir de forma explcita na sa pintura, pode-rse ir deducindo da forma de entender a arte que mostra a travs da sa vida. Pero isto Que, en principio, non tera por qu parecer mis que unha sospeita, vai tomando consistencia ao consi-derar que en 1927 anda est vixente esa reactuali-zacin que , do posimpresionismo e sobre todo de

    Caricatura de Mony Hermclo.

    :;

    115